VARDATPAD
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Rexistros e censos
Facenda, Economía
Economía e Facenda
Si
Cambio de domicilio e/ou variación de datos persoais en padróns fiscais (IBI, IVTM, Lixo, Cemiterios).
Mediante este trámite comunícanselle ao concello, para a súa actualización nos padróns fiscais correspondentes, todos aqueles cambios relevantes (domicilio, datos persoais etc...) para a xestión dos tributos.
Variación de datos padróns fiscais
Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.
Ningún
Xunta de Goberno Local
Normativas relacionadas
Deberá presentarse a solicitude dentro do mes natural seguinte a aquel en que se produza a modificación sobrevida que pode orixinar alteración no Padrón.
Declaración: declaración de modificación de datos
Acreditacións: xustificante de representación (se é o caso)
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 106) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a/s modificación/s, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Non procede
De conformidade co disposto no art. 86.5 da Ordenanza Xeral de Xestión, o concello non notificará as variacións derivadas de declaracións formuladas polo obrigado tributario sempre que a alteración se corresponda exactamente co contido da modificación.
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible