Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axudas económicas para persoas coidadoras convocatoria do 2023

Axudas económicas para persoas coidadoras

Inscricións:

Pechado

Dende o 19/04/2023 ata o 15/09/2023

Axudas económicas para o pagamento de servizos destinados a promover o benestar social e autocoidado das persoas coidadoras

Mediante este procedemento convócanse e adxudícanse axudas económicas para o pagamento de servizos destinados a promover o benestar e o autocoidado das persoas coidadoras de persoas dependentes que teñan recoñecido un grao III de dependencia e que estean atendidas polo servizo de axuda no fogar municipal, na súa modalidade de dependencia, de acordo coa correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) de dependencia.

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas coidadoras de persoas dependentes ás que se lles recoñeceu un grao III de dependencia, e que estean atendidas polo servizo de axuda no fogar municipal, na súa modalidade de dependencia, de acordo coa correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) de dependencia.

Requisitos:

Empadroamento

  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña, no mesmo domicilio que a persoa dependente.

Número de identificación

  • Ter DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

Obrigas tributarias e SS

  • Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias, co Concello e coa Seguridade Social.

Outros

  • Cumprir os requisitos específicos establecidos na convocatoria.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Máis información:

Serán subvencionables os gastos realizados en 2023 que teñan a seguinte natureza:

  1. Respiro familiar mediante a contratación de horas de servizo de axuda no fogar (SAF) cunha entidade prestadora autorizada.
  2. Os seguintes servizos destinados unicamente á persoa beneficiaria da axuda (coidador/a):
  • Fisioterapia, incluída a modalidade de prestación a domicilio
  • Podoloxía
  • Terapia psicolóxica
  • Formación no desenvolvemento de capacidades ou habilidades para o coidado de persoas dependentes
  • Participación en terapias de grupo ou en grupos de autoaxuda
  • Ximnasia, natación terapéutica, ioga, pilates, tai-chi ou calquera actividade deportiva ou lúdica que teña como finalidade promover o movemento e o exercicio físico da persoa beneficiaria
  • Tratamentos de talasoterapia, masaxe, relax e benestar en SPAs, balnearios ou instalación de similar natureza

Non se subvencionarán gastos incluídos neste apartado 2 nos que o/a destinatario/a sexa unha persoa distinta do/a coidador/a. Non se poderán imputar tampouco servizos de atención á persoa dependente.

Presentación

Prazo de presentación:

Desde o 19 de abril ata o 15 de setembro de 2023

Documentación necesaria:

A) MODELO DE SOLICITUDE 132 debidamente cuberto e asinado.

B) ANEXO I autorización para a consulta de datos da persoa dependente.

C) Modelo normalizado de "Solicitude de alta ou modificación de datos en terceiros".

D) ANEXO II, soamente en caso de opoñerse á consulta de datos de DNI e empadroamento.

En fase de xustificación:

E) ANEXO III de xustificación da axuda.

Documentos relacionados

  • Mod 132 Solicitude de axuda ás persoas coidadoras 2023 (168 KB)
  • A - Formulario de alta en terceiros (93 KB)
  • Anexo I Comprobación dos datos da persoa dependente (395 KB)
  • Documentos relacionados

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Que se necesita?:

    Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

    Como se fai?:

    • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas. Sempre con cita previa.
    • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.

    Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

  • Internet

    Internet

    Que se necesita?:

    • Deberá dispoñer de certificado electrónico.
    • Comprobe que dispón de todos os documentos que se especifican no apartado "Documentación necesaria".

    Como se fai?:

    Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.

    No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

    Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica utilizando, preferentemente, a citada ferramenta de Autofirma, desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses, de acordo co apartado 12.7 da convocatoria.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

A concesión ou denegación da axuda realizaraa a concelleira delegada da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, que se lle notificará á persoa interesada.

As persoas interesadas que desexen formular alegacións ou achegar máis documentación de forma espontánea, despois de realizar a solicitude, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación , mencionando na dita solicitude cal é o expediente ou a solicitude realizada anteriormente.

RECURSOS

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible