Concello da Coruña

Concello da Coruña

APC

Axudas económicas para persoas coidadoras

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

Axudas económicas para o pagamento de servizos destinados a promover o benestar social e autocoidado das persoas coidadoras

Mediante este procedemento convócanse e adxudícanse axudas económicas para o pagamento de servizos destinados a promover o benestar e o autocoidado das persoas coidadoras de persoas dependentes que teñan recoñecido un grao III de dependencia e que estean atendidas polo servizo de axuda no fogar municipal, na súa modalidade de dependencia, de acordo coa correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) de dependencia.

Axudas económicas persoas coidadoras convocatoria 2022

Inscricións:

Dende o 01/07/2022 ata o 16/09/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas coidadoras de persoas dependentes ás que se recoñeceu un grao III de dependencia, e que estean atendidas polo servizo de axuda no fogar municipal, na súa modalidade de dependencia, de acordo coa correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) de dependencia.

Requisitos:

Empadroamento

  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña, no mesmo domicilio que a persoa dependente.

Número de identificación

  • Ter DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

Obrigas tributarias e SS

  • Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias, co Concello e coa Seguridade Social.

Outros

  • Cumprir os requisitos específicos establecidos na convocatoria.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Máis información:

Serán subvencionables os gastos realizados en 2022 que teñan a seguinte natureza:

  1. Respiro familiar mediante a contratación de horas de servizo de axuda no fogar (SAF) cunha entidade prestadora autorizada.
  2. Os seguintes servizos destinados unicamente á persoa beneficiaria da axuda (coidador/a):
  • Fisioterapia, incluída a modalidade de prestación a domicilio.
  • Terapia psicolóxica.
  • Formación no desenvolvemento de capacidades ou habilidades para o coidado de persoas dependentes.
  • Participación en terapias de grupo ou en grupos de autoaxuda.
  • Ximnasia, natación terapéutica, ioga, pilates, tai-chi, ou calquera actividade deportiva ou lúdica que teña como finalidade promover o movemento e o exercicio físico da persoa beneficiaria.
  • Tratamentos de talasoterapia, masaxe, relax e benestar en SPAs, balnearios ou instalación de similar natureza.

Non se subvencionarán gastos incluídos neste apartado 2 nos que o destinatario sexa unha persoa distinta do/a coidadora, non podendo imputarse tampouco servizos de atención á persoa dependente.

Presentación

Prazo de presentación:

Desde o 1 de xullo ata o 16 de setembro de 2022.

Documentación necesaria:

A) MODELO DE SOLICITUDE 132 debidamente cuberto e asinado.

B) ANEXO I autorización para a consulta de datos da persoa dependente.

C) Modelo normalizado de Solicitude "de alta ou modificación de datos en terceiros".

D) ANEXO II, soamente en caso de opoñerse á consulta de datos de DNI e empadroamento.

En fase de xustificación:

E) ANEXO III de xustificación da axuda.

Documentos relacionados

  • Mod 132 Solicitude de axuda ás persoas coidadoras 2023 (168 KB)
  • Anexo I Comprobación de datos de persoa dependente (381 KB)
  • A - Formulario de alta en terceiros (93 KB)
  • Anexo II Oposición motivada. Axudas ás persoas coidadoras (121 KB)
  • Anexo III Xustificación da axuda. Persoas coidadoras (288 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas. Sempre con cita previa.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado electrónico.
  • Comprobe que dispón de todos os documentos que se especifican na apartado "Documentación necesaria".

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma , desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1802

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses, de acordo co apartado 12.7 da convocatoria.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

A concesión ou denegación da axuda realizarase pola Concelleira Delegada da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, que se notificará á persoa interesada.

As persoas interesadas que desexen formular alegacións ou achegar máis documentación de xeito espontáneo, despois de realizar a solicitude, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación , mencionando na devandita solicitude cal é o expediente ou a solicitude realizada anteriormente.

RECURSOS

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso administrativo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión