Concello da Coruña

Concello da Coruña

REMAC

REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña.

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Poboación e comunidades

Órgano responsable:

Participación Cidadá

Vixente:

Si

O REMAC é o Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas, no que se pode inscribir calquera asociación ou entidade sen ánimo de lucro da cidade.

A inscrición constitúe un requisito necesario para o acceso a determinados programas, cursos formativos ou axudas convocados pola Administración Local.

REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña.

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Calquera asociación ou entidade sen ánimo de lucro legalmente constituída e que teña o seu ámbito de actividade dentro da cidade da Coruña.

Requisitos:

  • Constituírse previa e legalmente como asociación ou entidade sen ánimo de lucro e ter o seu ámbito de actividade dentro da cidade da Coruña.

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo.

Documentación necesaria:

  • Solicitude : Solicitude alta en Rexistro de Asociacións.
  • Estatutos: Estatutos da asociación visados polo Rexistro nacional ou autonómico de asociacións (Único documento a achegar en caso de modificación da inscrición).
  • Número de inscrición no Rexistro nacional ou autonómico de asociacións.
  • Certificación das persoas que ocupan os cargos directivos
  • Certificación do número de persoas socias
  • Orzamento para o ano en curso
  • Programa de actividades para o ano en curso
  • NIF da asociación
  • DNI do/a presidente/a

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Como se fai?:

  • Procedemento de tramitación telemática obrigatoria.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado electrónico recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

A notificación da inscrición farase nun prazo máximo de 15 días desde a solicitude, agás por interrupción por falta de documentación non presentada inicialmente.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo
  • Recurso extraordinario de revisión

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión