Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de outubro de 2024

Bolsa comedor 2024/2025. Publicación da proposta de resolución definitiva

Proposta definitiva

Publicación relativa á proposta de resolución definitiva da convocatoria de bolsas para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2024/2025 no Taboleiro de edictos deste Concello.

Publícanse as listaxes de concesións, denegacións e desestimacóns da bolsa comedor

Nas listaxes identifícase cada solicitude individualmente segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.

O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes, presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro.

Se se presentou a solicitude no Rexistro do Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, en Mesoiro por MESE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.

O prazo para presentar recurso potestativo de reposición vai desde o 28 de outubro ata o 27 de novembro de 2024, ambos os días incluídos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión