Hai dúas grandes convocatorias anuais para inscribirse nas actividades periódicas, que coinciden ao redor dos meses de xaneiro e setembro. Estas actividades son as mesmas durante varios meses e co mesmo alumnado. Algunhas son gratuítas e outras teñen un prezo moi alcanzable.
Existen outras actividades cuxa programación é puntual ao longo do ano. Non teñen unha data fixa para anotarse e realízanse en calquera momento; aínda que algunhas adoitan coincidir con festividades ou conmemoracións sinaladas. Poden ser gratuítas ou de pago.
Outra modalidade son os clubs de actividades, os cales son dirixidos por persoal voluntario e repítense de ano en ano coas mesmas persoas. Son gratuítos e en ocasións quedan prazas vacantes, que se ofrecen nas convocatorias anuais.
Tamén se fan actividades para menores e mocidade en períodos especiais non lectivos como verán, Nadal ou Semana Santa.
Consulta a programación de actividades do teu centro cívico e as normas xerais para participares nelas.
Os días 09/04/2025, 23/04/2025
Realízanse a través da seguinte ligazón: https://form.jotform.com/231913472089359 en espazodiverso@coruna.gal ou no teléfono 981189889
Participa no Club de Lectura do Espazo Diverso, onde descubrirás lecturas sobre o colectivo LGTBIQA+ e reflexionaremos en grupo sobre elas.
Dende o 21/04/2025 ata o 12/05/2025, os luns
https://form.jotform.com/231913472089359
espazodiverso@coruna.gal ou no teléfono 981189889
Yolanda Paz (artista escénica e creadora) facilitaranos un espazo para derrubar prexuízos e fomentar a convivencia respectuosa. A través da arte e do xogo, exploraremos a diversidade como riqueza e a conexión como grupo. Ven vivir un espazo de descubrimento e diversión!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible