Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2024

Convocatoria de xaneiro - maio de 2025

Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Xaneiro 2025

As persoas interesadas pódense preinscribir os días 10, 11 e 12 de decembro

Preinscrición: 10, 11 e 12 de decembro

Realizarase preferentemente en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase o formulario que atoparemos aquí: Formulario de preinscrición en actividades . Este formulario estará dispoñible desde as 08.00 h do martes 10 ata as 23.59 h do xoves 12 de decembro.

Pódense consultar as actividades na páxina web de cada Centro Cívico na seguinte ligazón actividades por centro cívico .

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.

Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis (iniciación e perfeccionamento, grupo 1 e grupo 2, mañá e tarde etc.) considéranse unha mesma actividade, pero só se poderá formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, quedarán anuladas ambas.

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

As persoas que non teñan acceso á Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao n.º de teléfono 881151612.

Cada persoa que realice a preinscrición telefonicamente só poderá xestionar 3 solicitudes.

  • A persoa que se preinscriba deberá de escoller no formulario o método de pagamento:
  1. En liña (con tarxeta de crédito)
  2. Presencial con taxa de autoliquidación (na entidade bancaria)

Clubs

Son actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias.

  • Realizaranse nas conserxarías dos centros cívicos en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas excepto o centro cívico de Castro Elviña que será de 11.00 a 13.00h e de 10.00 a 20.00h.
  • Todos os clubs terán carácter gratuíto.
  • As persoas solicitantes deberán cubrir as follas de inscrición dispoñibles en cada centro cívico.
  • Só se poden solicitar como máximo 3 clubs .
  • O sorteo será en cada centro cívico, o mesmo día que o das actividades.
  • En caso de non cubrirse todas as prazas ao final da convocatoria, poñerase un cartel en cada centro, onde se anunciarán as prazas que queden libres.

* No Centro cívico do Castrillón, continuarán os grupos coas mesmas persoas que comezaron en setembro do 2024.

Publicación das listaxes de preinscricións nas actividades socioculturais nos centros cívicos: 19 de decembro

As listaxes das actividades socioculturais poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

As listaxes dos clubs en cada un dos centros cívicos.

Reclamacións ás listaxes de preinscricións: 20 de decembro

  • A través do 010 en horario de 11.00 a 13.30h e de 16.00 a 18.00 h- ou no teléfono 881151612.

Sorteo público: 23 de decembro

Realizarase en cada centro cívico ás 10.00 h.

Publicación das listaxes de admisións e de agarda: 10 de xaneiro

Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Nas actividades socioculturais, anularanse aquelas actividades nas que non haxa un mínimo de solicitudes formalizadas.

Prazo de inscrición e pagamento de taxas para as persoas admitidas: será preferentemente en liña a través desta ligazón Pago en liña das actividades os días 15, 16 e 17 de xaneiro. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza.

Alternativamente poderase realizar imprimindo a folla de autoliquidación, e pagando presencialmente na entidade bancaria ou no caixeiro da entidade con tarxeta de crédito.

Unha vez pagado na entidade bancaria deberan entregar na conserxaría do centro correspondente, e dentro do prazo establecido, o xustificante de pagamento, pois pola contra perderase o dereito á praza na actividade.

En caso de non cubrirse todas as prazas ao final da convocatoria, anunciarase mediante un cartel en cada centro cívico as vacantes que queden dispoñibles en actividades/clubs.

A cota das actividades dependerá do número de horas que aplica a Ordenanza número 43.-Reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal, fóra de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización que terán carácter gratuíto. Tamén son gratuítos os clubs que están dirixidos por persoas voluntarias.

As persoas solicitantes de actividades gratuítas e clubs, deberán formalizar a preinscrición en prazo e CONFIRMARÁN (ben presencial ou por teléfono) no centro cívico, ao servizo de conserxaría, a súa asistencia á actividade nos días estipulados para o pagamento (15,16 e 17 xaneiro).

  • *A inscrición definitiva na actividade de cada centro cívico non se fará efectiva ata a presentación no mesmo Centro Cívico do documento bancario acreditativo do aboamento do prezo público que corresponda, excepto as persoas que o fagan directamente en liña. Este trámite deberá realizarse dentro do prazo e horarios arriba indicado. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade e o Centro Cívico que corresponda.

Procedemento de pagamento

Nas listaxes de persoas admitidas e de agarda figurará un código que haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pagamento. Cada código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada. Así, cada actividade que solicite unha persoa, terá un código diferente polo que cada actividade terase que aboar por separado. O mesmo código non vale para todas as actividades.

O pagamento realizarase preferentemente en liña a través da plataforma de pagamento en liña habilitada.

O pago tamén se pode facer presencialmente imprimindo a carta de pagamento e presentándoa no banco ou caixeiro. A continuación hai que levar o xustificante de pagamento ao centro cívico onde se vai a desenvolver a actividade para que conste que se aboou.

O Concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder aboar as actividades: ABANCA e Banco Santander.

Listaxes de agarda.

  • As listaxes de agarda das actividades e dos clubs xestionaranse desde o servizo de conserxaría do centro cívico correspondente a partir do 22 de xaneiro.

As persoas admitidas, a partir das listaxes de agarda, deberán facer a inscrición e o aboamento da actividade, seguindo o procedemento de pagamento, establecido anteriormente.

Soamente levarán o xustificante de pagamento do 23 ao 27 de xaneiro ao centro aquelas persoas que aboen a actividade na oficina municipal de recadación na rúa da Franxa (que teñan pasaporte ou aquelas que o efectúen aí mellor que na entidade bancaria

  • No caso de que un club ou actividade non teña listaxe de agarda, poñerase un cartel no centro correspondente indicando o número de prazas dispoñibles para completar grupo.

Data de inicio de actividades:

A partir do día 29 de xaneiro.

Data do fin de actividades:

O 31 de maio e os apoios escolares a segunda semana de xuño.

  • Todas as actividades xenéricas finalizarán a finais de maio excepto algunhas nas que será a penúltima semana de maio. As de apoio escolar, a semana do 13 de xuño.

No programa das actividades vén indicada a data exacta de finalización de cada unha das actividades.

NOTA: Cada actividade ten unha idade determinada para anotarse nela e que aparece no documento de actividades coa clasificación seguinte: infancia, mocidade, interxeracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería á clasificación será:

Infancia: de 4 a 12 anos

Mocidade: de 13 a 17 anos

Interxeracional: a partir de 18 anos

Maiores: a partir de 65 anos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión