26 de agosto de 2021
A preinscrición realizarase preferentemente en liña os días 2, 3 e 4 de setembro (xoves, venres e sábado). Poderana realizar tamén telefonicamente aquelas persoas que non teñan acceso a medios informáticos. A partir do día 27 de setembro, na canle "Coruña Acompaña" de Youtube, iranse publicando vídeos de actividades para toda a cidadanía.
Realizarase preferentemente en liña os días 2, 3 e 4 de setembro (xoves, venres e sábado), a través desta web municipal e cubrindo este formulario.
O número de teléfono ao que poderán chamar todas aquelas persoas que non teñan acceso a Internet (as preinscricións serán preferentemente en liña) será o 881 150 191 en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h os días 2, 3 e 4 de setembro.
Dentro do formulario aparecerán dúas opcións para a preinscrición, unha para as actividades socioculturais e outra para os clubs. Cada persoa poderá preinscribirse nun máximo de tres actividades e tres clubs por centro, e sempre por orde de preferencia.
Os sectores de poboación aos que van dirixidos as actividades e clubs son os seguintes:
Menores: de 4 a 12 anos
Mocidade: de 13 a 17 anos
Interxeracional: de 18 anos en diante
Maiores: de 55 anos en diante
Clubs: de 18 en diante
Día 8 de setembro
Día 9 de setembro
Realizaranse dous sorteos independentes en cada centro cívico, un para as actividades socioculturais e outro para os clubs.
Hora: 10.00 h
A partir dos números resultantes para cada centro cívico no sorteo público, elaboraranse as listaxes de admisións e as de espera.
Día 21 de setembro
Ambas as listaxes poderanse consultar nesta web, nos centros cívicos ou chamando ao teléfono 010 de información cidadá.
A realización das actividades/clubs estará condicionada a alcanzar un número mínimo de 5 participantes.
Días 22 e 23 de setembro a través do 010 en horario de 11.00 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h
Días 24, 27 e 28 setembro
O pagamento de taxas das actividades realizarase de maneira presencial obtendo un modelo de folla de autoliquidación no centro cívico. Esa folla cubrirase cos datos persoais de cada participante e farase o pagamento do prezo público correspondente na sede bancaria. Entregarase o xustificante de aboamento no propio centro. O prezo público establécese segundo a Ordenanza Fiscal número 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal.
O prezo de todas as actividades será de 7 euros, excepto para os clubs, que serán impartidos por persoas voluntarias e serán gratuítos, e as actividades de apoio escolar, alfabetización e cultura xeral, que tamén serán gratuítas.
O aboamento do prezo público e a entrega no centro cívico do impreso selado pola entidade bancaria en data son imprescindibles para iniciar a actividade. De non facelo así, perderase o dereito á praza e procederase a chamar a persoa que corresponda da listaxe de espera.
Non se admitirá a inscrición definitiva dunha mesma persoa na mesma actividade en centros cívicos diferentes. De darse o caso, procederase a anular todas as inscricións desta persoa na mencionada actividade.
Os días en que a actividade comece ou finalice en festivo ou coincida en festivo o día da actividade, non se impartirá a clase.
As actividades e clubs que se convocan por centro pódense consultar nas seguintes ligazóns.
PREVENCIÓN COVID -19
1. A asistencia ao centro será posible coa condición de que non se teñan síntomas de carácter respiratorio nin sintomatoloxía compatible coa COVID-19.
2. Deberanse seguir as normas de hixiene, de seguridade e de mantemento da distancia física recomendadas polas autoridades sanitarias. O incumprimento consciente e reiterado destas indicacións poderá supoñer a expulsión do centro cívico.
3. A partir dos 6 anos deberán levar máscara de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
4. Respectar, con suma puntualidade, as indicacións de horario co fin de regular os fluxos de circulación no centro cívico.
5. Cada persoa deberá achegar o material necesario para o desenvolvemento da actividade, para evitar usar obxectos comúns.
6. Aínda que os centros cívicos están equipados con xeles hidroalcohólicos, é recomendable que cada persoa leve, ademais, o seu propio xel.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible