Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de agosto de 2024

Saídas culturais dos centros cívicos

Os centros cívicos realizarán saídas culturais durante os meses de agosto, setembro e outubro.

As saídas culturais (excursións) dos centros cívicos están dirixidas a persoas de 50 anos ou máis.

Poderanse reservar 2 asentos por solicitante (a persoa acompañante pode ter menos de 50 anos).

Estas saídas son gratuítas. A saída, de cada unha delas, será ás 9.30 h da parada marcada para cada centro.

As saídas son:

17 de agosto a Bandeira: Castrillón, Eirís, Monelos, Novoboandanza, Rosales, A Silva e San Pedro de Visma.

18 de agosto a Bandeira: Elviña, Pescadores, Castro de Elviña, Labañou, Mallos, Santa Margarida, Sagrada Familia e Palavea.

6 de setembro a Viveiro: Monte Alto/Cidade Vella, Artesáns, Santa Lucía, San Diego e Mesoiro/Feáns.

7 de setembro a Viveiro: Castrillón, Eirís, Monelos, Novoboandanza, Rosales, A Silva e San Pedro de Visma.

8 de setembro a Viveiro: Elviña, Pescadores, Castro de Elviña, Labañou, Mallos, Santa Margarida, Sagrada Familia e Palavea.

As prazas para cada unha das saídas poderanse solicitar en cada un dos centros cívicos. As de agosto ata o 13 de agosto e as de setembro desde o 19 de agosto ata o 1de setembro.

Das saídas do mes de outubro informarase no seu momento do destino, as datas e os centros.

Actividades relacionadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión