4 de agosto de 2023
Proposta definitiva
Publicación relativa á proposta de resolución definitiva da convocatoria de bolsas para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2023/2024 nos documentos que se achegan.
Publicada a proposta de resolución definitiva do órgano instrutor nos medios indicados no apartado 12 da convocatoria, as persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á bolsa nun prazo de dez (10) DÍAS HÁBILES.
As persoas beneficiarias que desexen renunciar á bolsa deberán manifestalo expresamente mediante presentación de escrito no rexistro municipal do 07/08/2023 ao 21/08/2023. Transcorrido o prazo sen realizarse a renuncia, entenderase que as persoas beneficiarias aceptan a axuda concedida.
LISTAXE TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTADAS NA CONVOCATORIA 2023/2024 E EXPEDIENTE INDIVIDUAL ASOCIADO
Tamén se pode consultar a listaxe total de solicitudes presentadas na convocatoria 2023/2024 con número de expediente individual asociado. Esta listaxe identifica a totalidade das solicitudes segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.
O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro.
Se a solicitude presentouse no Rexistro de Ágora, o seu código de asento comeza por AGOE, no Fórum Metropolitano por FORE, en Mesoiro por MESE, na Franxa por FRAE e en María Pita por RMPE. Se se presentou na sede electrónica municipal, aparece no campo "código do asento" ou selo dixital de rexistro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible