19 de novembro de 2024
Nadal 2024
Para menores nados/as entre o 01/01/2012 e o 31/12/2020
A Concellería de Benestar Social organiza de novo este ano os campamentos de Nadal nos centros cívicos para menores de 4 a 12 anos, para así facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares de decembro e xaneiro.
CARACTERÍSTICAS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL:
CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR O HORARIO AMPLIADO OU O XERAL
No Centro Cívico Castro de Elviña o horario será das 11.00 ás 13.00 h.
CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR SÓ O HORARIO XERAL
No Centro Cívico Castro de Elviña o horario será das 11.00 ás 13.00 h.
PREINSCRICIÓN
25, 26 e 27 de novembro
Dúas modalidades:
LISTAS DE PREINSCRICIÓN
Poderanse consultar o 2 de decembro nos centros cívicos, nesta web ou no teléfono 010 de información cidadá.
RECLAMACIÓNS Á LISTAXE DE PREINSCRICIÓN:
O día 3 de decembro, enviando un correo electrónico co motivo da reclamación a jacobo.rocha@formaziona.com ou chamando ao número de teléfono 695 133 494.
Tamén no 010 se lles facilitará o número de teléfono da empresa ás persoas que chamen para presentar unha reclamación.
Estas reclamacións soamente se referirán ás solicitudes presentadas en prazo:
- Que non se atopan na listaxe de preinscricións.
- Que teñan un erro no horario solicitado ou nos datos de identificación.
SORTEO:
5 de decembro ás 10.00 h en cada sede do campamento onde se realizou a preinscrición.
O sorteo das prazas de menores con necesidades educativas especiais realizarase á mesma hora no Centro Cívico Municipal de Monelos.
PUBLICACIÓN DE LISTAS DE ADMISIÓNS E ESPERA:
Poderanse consultar o 10 de decembro nos centros cívicos, nesta web ou no teléfono 010 de información cidadá.
INSCRICIÓN E PAGO:
11, 12, 13 e 14 de decembro. Para realizar o pago farase desde esta ligazón, á cal se accede tamén dende o QR que hai no cartel de información-resumo dos campamentos que aparece abaixo, no documento anexo.
En caso de dúbida coa inscrición, pódese chamar a este número de teléfono 600 522 799, cuxo horario de atención durante as datas de inscrición será das 10.00 ás 13.30 h ou contactar co seguinte correo: vitae.coruna@grupovitae.com
XESTIÓN DA LISTA DE ESPERA: a partir do 16 de decembro avisaranse as familias a través do correo electrónico que indicaron na preinscrición.
Información xeral e recomendacións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible