Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de diciembre de 2024

Destacou o impacto positivo que ten na vida das persoas usuarias e as súas familias

Nereida Canosa: "A teleasistencia municipal é unha ferramenta clave para garantir a seguridade e o benestar das persoas maiores e en situación de vulnerabilidade"

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade visitou hoxe o servizo de teleasistencia municipal, xestionado pola Cruz Vermella

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, visitou esta mañá as instalacións do servizo municipal de teleasistencia, xestionado pola Cruz Vermella. Acompañada do presidente provincial da entidade, Manuel Viqueira, a edil puido coñecer de primeira man o funcionamento do servizo e os avances deste recurso esencial que atende a máis de 2.200 persoas na cidade.

Canosa salientou a importancia deste servizo para combater a soidade, previr situacións de risco e ofrecer unha resposta inmediata ante emerxencias: "Este é un exemplo claro de como as políticas sociais poden transformar vidas, proporcionando seguridade, compañía e apoio a quen máis o necesita". Ademais, destacou que "o noso compromiso é seguir mellorando este recurso, adaptándoo ás necesidades cambiantes da poboación e garantindo o seu acceso universal".

O servizo de teleasistencia municipal combina tecnoloxía avanzada con atención humana personalizada. Entre as súas funcións destacan a resposta inmediata ante emerxencias, o seguimento a través de chamadas programadas e o uso de dispositivos como detectores de caídas, gas ou fume, que incrementan a seguridade nos fogares das persoas usuarias.

Os datos do servizo amosan o seu alcance e relevancia:

  • Persoas beneficiarias activas: 2.265, cun 82% de mulleres e unha idade media de 84 anos.
  • Emerxencias atendidas en 2024: 706, sendo as caídas a causa máis habitual (31,2%).
  • Máis de 36.000 citas programadas atendidas no que vai de ano.

Canosa tamén subliñou que o servizo é gratuíto para as persoas usuarias, grazas a un investimento anual de 265.000 euros por parte do Concello. Ademais, reivindicou a tele asistencia como unha ferramenta esencial na detección e atención de persoas en situación de soidade non desexada, un dos eixos prioritarios do Goberno de Inés Rey en materia de Benestar Social.

O impacto social deste recurso vese reforzado pola súa capacidade de actuar como ponte entre as persoas usuarias, as súas familias e os servizos sociais municipais, contribuíndo a unha cidade máis inclusiva e solidaria. "A atención inmediata e personalizada fai deste servizo un alicerce fundamental para a calidade de vida das persoas maiores e en situación de vulnerabilidade", concluíu a concelleira.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión