Actividades de voluntariado en centros cívicos municipais e entidades da cidade que traballan o ámbito da intervención social.
Actividade de apoio ao estudo e realización de tarefas escolares para alumnos e alumnas que teñan dificultades para facer as tarefas na súa casa.
Conxunto de actividades informativas e preventivas sobre as adiccións e que se traballan no ámbito familiar, escolar e comunitario.
Ten como obxectivo axudar aos/as menores con dificultades cognitivas, de lectura e escritura a superalas a través da realización de actividades vinculadas ao ámbito escolar. Desenvólvese durante o curso escolar.
Accións de sensibilización cara ao colectivo de persoas con discapacidade, dirixidas a toda a cidadanía.
Conxunto de actividades periódicas, de carácter sociocultural que favorecen a inserción de persoas da etnia xitana a través de accións que potencian a adquisición de habilidades e coñecementos de tipo formativo e social.
Actividades informativo-divulgativas sobre temas relacionados coa planificación familiar.
Conxunto de actividades (de tipo lúdico, cultural e de carácter social) que se realizan nos centros cívicos municipais, centros escolares e sedes de entidades que traballan con poboación de etnia xitana, para a prevención de condutas racistas cara ao pobo xitano e facilitar a inclusión desta minoría étnica na sociedade.
Actividades de lectura de prensa, xogos de mesa, televisión, estar en espazos comúns do centro.
resultados 54
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible