6 de agosto de 2024
Curso escolar 2024/2025
Hoxe publícase no Taboleiro de Anuncios e Edictos do Concello da Coruña o anuncio relativo á proposta provisional de concesión de bolsas para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2024/2025.
Na publicación poden consultarse tres documentos
Listaxe total de solicitudes presentadas na convocatoria 2024/2025 e expediente individual asociado. Esta listaxe identifica a totalidade das solicitudes segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado. O código do asento é o identificador da solicitude, constituído por unha serie de letras e números. Nas solicitudes presentadas presencialmente en calquera dos rexistros municipais, este código aparece na casa "Identificador" da Portada Normalizada de Documento Electrónico que se entregou na oficina do Rexistro
Anuncio proposta de resolucion provisional, que contén lenda explicativa para a consulta de listaxe de concesión provisional
Listaxe proposta provisional Bolsa Comedor 2024/2025
As persoas propostas como beneficiarias e segundo o establecido no punto 7.1 das bases reguladoras para gozar da bolsa comedor, deben realizar as xestións oportunas co provedor ou entidade xestora do servizo de comedor para ter asignada, ao comezo do curso escolar (setembro), unha das prazas dispoñibles para a prestación deste servizo nun centro escolar do termo municipal na modalidade presencial e con asistencia continuada de luns a venres.
As persoas interesadas poderán facer alegacións do 7 ao 21 de agosto (ambos incluídos), que se poderán presentar en calquera dos rexistros municipais, na sede electrónica do Concello da Coruña ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible