Concello da Coruña

Concello da Coruña

Actividades de sensibilización cidadá en materia de discapacidade

Accións de sensibilización cara ao colectivo de persoas con discapacidade, dirixidas a toda a cidadanía.

A quen vai dirixido?:

  • Poboación en xeral.

O principal obxectivo das accións de sensibilización cidadá é dar a coñecer a realidade cotiá das persoas con discapacidade, a través de actividades prácticas destinadas a axentes comunitarios e á cidadanía en xeral.

Destacan en especial, polo seu carácter práctico e participativo, as accións desenvolvidas en centros escolares en colaboración co Servizo Municipal de Educación e as desenvolvidas na Rede Municipal de Centros Cívicos con motivo da conmemoración do Día Internacional da Discapacidade.

Outro dos seus fins prioritarios é difundir o traballo realizado por persoas con discapacidade en centros ocupacionais e centros especiais de emprego da cidade a través da mostra "Máis que capaces" que permite promocionar de forma conxunta a venda dos produtos realizados.

As datas destas accións son:

  • Conmemoración Día Internacional da Discapacidade (3 de decembro)
  • Mostra: Máis que Capaces (decembro)
  • Obradoiros de sensibilización escolar en colaboración co Servizo Municipal de Educación (de xaneiro a xuño).

Máis información:

Na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade (OMAD), na Rede de Centros Cívicos Municipais e no teléfono de información cidadá 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión