Concello da Coruña

Concello da Coruña

Apoio para a tramitación e xestión de prestacións doutros sistemas de protección social

Ante unha demanda dun recurso ou prestación que pertence a outro sistema de protección social como vivenda, sanidade, educación, emprego, seguridade social, administración civil, etc, dáse apoio ao usuario ben directamente ou ben axudándolle nas xestións que sexan necesarias para obter un recurso concreto.

A quen vai dirixido?:

Toda a poboación.

Organiza:

Comunidade autónoma, ONG, entidades sociais, Estado

Requisitos:

  • Estar empadroado/a no termo municipal do Concello da Coruña e/ou residir nel.
  • Acudir presencialmente á unidade de atención social máis próxima ao seu domicilio.

Prazo de presentación:

Todo o ano.

Máis información:

A axuda poderá consistir en proporcionar unha información ou facer un trámite concreto, realizar un informe social ou obter información que lle posibilite ao cidadán o acceso ao recurso que solicitou.

Nalgún caso a traballadora social poderá derivar a programas ou servizos concretos que completen a atención a cada persoa/familia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión