Concello da Coruña

Concello da Coruña

Atención domiciliaria sociosanitaria - SAD Urxente

Conxunto de atencións domiciliarias con carácter temporal (dun a tres meses) , orientado principalmente ao apoio na recuperación dunha convalecencia ou a situacións de enfermidade terminal.

A quen vai dirixido?:

  • Persoas que, tras sufrir unha intervención médica, requiran un período de convalecencia no que precisen apoio para a realización das actividades básicas da vida diaria e a súa contorna socio-familiar non estea en condicións de prestarllo. Este servizo está orientado a persoas que poidan recuperar a autonomía tras ese período.
  • Persoas que, segundo criterio médico, atópense en situación terminal e non conten co apoio socio-familiar preciso para a realización de tarefas de atención persoal de carácter básico.

Organiza:

O servizo estará prestado por algunha da entidades prestadoras de SS.SS ás que se lles adxudique contrato mediante concurso público.

Requisitos:

  • Estar empadroado/a e residir no Concello da Coruña.
  • Atoparse nunha das situacións descritas nas apartado "persoas beneficiarias".

Prazo de presentación:

O prazo está aberto todo o ano e as solicitudes poden presentarse a través dos Departamentos de Traballo Social dos Centros Hospitalarios de carácter público.

Remuneración / Custo:

Prestación de servizos domiliariarios por unha auxiliar de axuda a domicilio.

As tarefas estableceranse no proxecto de intervención individual e adaptaranse ás diferentes casuísticas, pero sempre irán orientadas a atencións de carácter persoal para a realización de actividades básicas da vida diaria, ata a recuperación.

Este servizo terá carácter temporal dun a tres meses.

Máis información:

Na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade e nos departamentos de Traballo social dos hospitais públicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión