Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información, orientación e asesoramento en materia de dependencia

Información e asesoramento sobre os recursos e prestacións contemplados na Lei de Atención á Dependencia e Promoción da Autonomía Persoal e sobre os demais recursos e prestacións municipais orientados ás persoas maiores, discapacitadas ou con limitacións da súa autonomía persoal.

A quen vai dirixido?:

  • Persoas en situación de dependencia ou limitación na súa autonomía persoal.
  • Persoas con algunha discapacidade.
  • Persoas maiores.
  • Coidadores/as e familiares de persoas maiores ou con discapacidade.

Organiza:

Oficina municipal de dependencia, maiores e discapacidade.

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Remuneración / Custo:

Trátase dunha prestación de carácter técnico.

Máis información:

A primeira atención é telefónica. Para iso é necesario facer unha Solicitude de cita previa  a través de Internet ou chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión