Prestación dun conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado, encamiñadas a reducir as limitacións para as actividades básicas da vida diaria e a socialización.
Durante todo o ano.
Prestación de servizos domiciliarios por un/unha auxiliar de axuda a domicilio.
As tarefas estableceranse no proxecto de intervención individual e adaptaranse ás diferentes casuísticas, pero sempre irán orientadas a atencións domiciliarias de carácter persoal para a realización de actividades básicas da vida diaria.
A temporalidade do servizo estará fixada no proxecto de intervención individual e terá unha intensidade de atención non superior a 6 horas semanais ou 26 horas mensuais para cada persoa beneficiaria.
1. Acudir presencialmente á Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidad para unha entrevista co traballador/a social, para valorar a idoneidade desta prestación. Sen cita previa.
(Este paso non é imprescindible, pero si aconsellable para a orientación da necesidade da prestación).
2. Presentar a solicitude e documentación correspondente.
3. Esta prestación require valoración técnica para a súa concesión. Para esta valoración o traballador social realizará unha visita domiciliaria, que se concertará previamente por vía telefónica.
4. A concesión da prestación requirirá a sinatura dun proxecto de intervención onde se recollan as tarefas que hai que realizar e un contrato de prestación de servizos.
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible