Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria pública de subvencións a entidades para colaborar na realización de actividades e prestacións de servizos sociais

O obxecto das subvencións é a realización de actividades de promoción e reinserción social e na prestación de servizos sociais no termo municipal da Coruña.

A quen vai dirixido?:

As persoas físicas, as xurídicas válidamente constituídas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Requisitos:

  • Que teñan sede social ou delegación no termo municipal da Coruña.
  • Que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención.
  • Que xustificasen a subvención anteriormente outorgada polo Concello da Coruña, agás que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación.
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias coa A.E.A.T., coa Seguridade Social e co Concello da Coruña.
  • Compromiso de colaborar e participar, se fose requirido para iso pola Concellaría de Servizos Sociais, nun acto público de presentación dos proxectos subvencionados.
  • Que non apareza adxudicada ao seu favor subvención nominativa con cargo ao orzamento de 2013 dentro da clasificación orgánica de Servizos Sociais.
  • As específicas que veñan recollidas na convocatoria

Prazo de presentación:

1º trimestre do ano.

Remuneración / Dotación:

  • A dotación económica adecúase ao orzamento presentado de acordo cos criterios establecidos na convocatoria.
  • A duración é o ano natural da data de publicación da convocatoria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión