Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Solicitude de PADSS (Programa de Atención Domiciliaria Sociosanitaria)
En que consiste?:
Esta solicitude deberá facerse nos Departamentos de Traballo Social dos hospitais públicos.
A quen vai dirixido?:
Persoas empadroadas na Coruña e con residencia efectiva que, tras sufrir unha intervención médica, requiran un período de convalecencia no que precisen apoio para a realización das actividades básicas da vida diaria e o seu contorno sociofamiliar non estea en condicións de prestárllelo. Este servizo está orientado a persoas que poidan recuperar a autonomía tras ese período.
Persoas empadroadas na Coruña e con residencia efectiva que segundo criterio médico se encontren en situación terminal e non conten co apoio sociofamiliar preciso para a realización de tarefas de atención persoal de carácter básico.
Organismo responsable:
Ayuntamiento
Prazo de presentación:
Durante todo o ano.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Fotocopia do DNI/NIF, pasaporte ou NIE en caso de persoas estranxeiras, do solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
Informe médico sobre o estado de saúde, tratamento médico prescrito, existencia de alerxias alimentarias, dieta, etc. expedido polo facultativo da sanidade pública.
Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
En caso de afiliación diferente á Seguridade Social, xustificante da Mutualidade correspondente que acredite a delegación do servizo solicitado.
Fotocopia do libro de familia no caso de que o Servizo de Axuda a Domicilio se preste a menores de idade.
Certificado de patrimonio emitido pola Consellería de Facenda da persoa solicitante e de todos os membros computables da unidade de convivencia.
Certificado de recoñecemento de grao e nivel de dependencia e/ou certificado de minusvalía da persoa solicitante.
Documentación acreditativa de ingresos:
Certificado de pensións, prestacións, nóminas da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo dela expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computable. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para realizar as comprobacións oportunas.
En caso de contar con ingresos non acreditables, declaración responsable de ingresos acompañada de certificado negativo expedido pola Axencia Tributaria.
Folla da domiciliación bancaria (para o pago solidario)
Copia compulsada do DNI do representante legal ou guardador de feito, se é o caso.
Como se fai?:
Solicítase nos departamentos de Traballo Social dos centros hospitalarios de carácter público, mediante entrevista persoal co/a traballador/a social.
Internet
Teléfono
Máis información:
É imprescindible unha valoración técnica para a súa concesión.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible