Hai dúas grandes convocatorias anuais para inscribirse nas actividades periódicas, que coinciden ao redor dos meses de xaneiro e setembro. Estas actividades son as mesmas durante varios meses e co mesmo alumnado. Algunhas son gratuítas e outras teñen un prezo moi alcanzable.
Existen outras actividades cuxa programación é puntual ao longo do ano. Non teñen unha data fixa para anotarse e realízanse en calquera momento; aínda que algunhas adoitan coincidir con festividades ou conmemoracións sinaladas. Poden ser gratuítas ou de pago.
Outra modalidade son os clubs de actividades, os cales son dirixidos por persoal voluntario e repítense de ano en ano coas mesmas persoas. Son gratuítos e en ocasións quedan prazas vacantes, que se ofrecen nas convocatorias anuais.
Tamén se fan actividades para menores e mocidade en períodos especiais non lectivos como verán, Nadal ou Semana Santa.
Consulta a programación de actividades do teu centro cívico e as normas xerais para participares nelas.
Dende o 30/01/2025 ata o 04/02/2025, os xoves
Dende o 10/12/2024 ata o 12/12/2024
Os días 22, 23 e 24 de xaneiro xestiónase a lista de espera.
Realiza as túas propias creacións de bixutería con abelorios variados. Aprenderás a facer pendentes, colgantes e outros obxectos.
Dende o 29/01/2025 ata o 21/05/2025, os mércores
Dende o 10/12/2024 ata o 12/12/2024
Os días 22, 23 e 24 de xaneiro xestiónase a lista de espera.
Aprenderás diferentes puntos de calceta para realizar e rematar pezas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible