5 de marzo de 2020
"Son da xeración igualdade: polos dereitos das mulleres", ese é o tema central que a ONU elixiu para este 8 de marzo de 2020. O Concello da Coruña únese á conmemoración co lema "Eu son o cambio. Fomos, somos, seremos".
Como cada 8 de marzo, o Concello da Coruña organiza diversos actos que tratan de lle dar visibilidade a este día e o que significa, non só para as mulleres senón para a sociedade no seu conxunto, pois unha sociedade máis igualitaria é unha sociedade máis xusta e democrática. Ao fío disto, ONU Mulleres fálanos de doce pequenas accións con grande impacto que todas e todos podemos poñer en funcionamento nas nosas vidas.
Na sección de actividades socioculturais da nosa web e na foto 2 desta noticia, pódense consultar as actividades que se realizarán nos centros cívicos con motivo desta data.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible