Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de agosto de 2024

Bautismos de surf e iniciación ao skate e paddle-surf, entre as actividades para a mocidade que oferta o Concello este mes, con participación de balde

A programación inclúe catro días consecutivos de xogos multiaventura no monte de San Pedro, con peche final o día 30 de agosto, cunha xornada especial en Ledoño

O Concello da Coruña oferta este mes un amplo abano de actividades deportivas e de lecer dirixidas á mocidade, que poderá gozar de bautismos de surf, xogos multiaventura de orientación e supervivencia e tamén dar os seus primeiros pasos en disciplinas coma o skate e o paddle-surf.

Esta iniciativa, impulsada pola Concellaría de Benestar Social, Participación e Igualdade, forma parte da programación especial de actividades estivais que promove o Goberno de Inés Rey para mozas e mozos en idades que van desde os 12 aos 30 anos, aproveitando os meses de pausa lectiva durante o verán.

O calendario de actividades é o seguinte:

  • Bautismo de surf na praia do Orzán (23 de agosto, de 10.00 a 13.00 horas). Actividade para rapazas e rapaces de 12 a 17 anos. Inclúe transporte. A inscrición finaliza o 21 de agosto.
  • Iniciación ao paddle-surf na praia de Santa Cristina (26 de agosto, de 10.00 a 13.00 horas). Actividade para rapazas e rapaces de 12 a 17 anos. Inclúe transporte. A inscrición finaliza o 22 de agosto.
  • Iniciación ao paddle-surf na praia de Santa Cristina (28 de agosto, de 10.00 a 13.00 horas). Actividade para rapazas e rapaces de 18 a 30 anos. Inclúe transporte. A inscrición finaliza o 23 de agosto.
  • Iniciación ao skate na pista de Eirís (29 e 30 de agosto, de 16.30 a 19.30 horas). Actividade para rapazas e rapaces de 12 a 17 anos. O punto de encontro, ante o centro cívico do Castrillón. Facilitaranse táboas ás persoas que non dispoñan dunha. Inscrición ata o 26 de agosto.
  • Multiaventura de orientación e supervivencia no monte de San Pedro (26, 27, 28 e 29 de agosto, de 10.00 a 11.30 horas). Actividade para rapazas e rapaces de 12 a 17 anos. O punto de encontro, ante o centro cívico dos Rosales. O día 30 terá lugar unha xornada de supervivencia en Ledoño, de 10.10 a 13.50 horas, con transporte incluído. Inscrición ata o 22 de agosto.

A participación nas actividades é gratuíta, mais hai prazas limitadas. A admisión será por orde de inscrición e será necesario cubrir un número mínimo de persoas inscritas.

Cómpre lembrar que xa está habilitado o formulario de inscrición na web do Concello, a través desta ligazón.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión