17 de marzo de 2025
O prazo para a solicitude das bolsas de comedores escolares irá dende o día 18 de marzo ao 4 de abril de 2025.
O 17 de marzo publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de bolsas comedor para o curso escolar 2025/2026.
A solicitude específica, os anexos e o resto de documentación esixida na convocatoria poderanse presentar nos rexistros municipais, no rexistro telemático da sede electrónica municipal, así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do 18 de marzo ao 4 de abril de 2025.
Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais e na sede electrónica.
Requisitos
Entre outros:
A solicitude realizarase a nome da persoa beneficiaria (alumna/o) e deberá asinar a solicitude a persoa que represente legalmente a alumna ou alumno, no caso de que sexa menor de idade.
O trámite e a documentación pódense descargar nesta ligazón Bolsas comedor convocatoria 2025 . As bases da convocatoria están na pestana "Sobre o procedemento" e os documentos atópanse na pestana "Presentación".
Todas as listaxes obxecto de publicación (requirimento de corrección, listaxe provisional...) identificarán a solicitude do alumnado atendendo ao código do seu expediente individual. Para facilitar a identificación do expediente de cada persoa solicitante, con cada publicación no taboleiro de anuncios que se realice ata a resolución da convocatoria, publicarase unha lista que identificará a totalidade das solicitudes presentadas no rexistro segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado e a data de entrada da solicitude no rexistro. No caso de que se producise unha duplicidade na solicitude, a información sobre a axuda virá referenciada ao primeiro asento rexistrado da persoa solicitante.
Prestacións relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible