Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2024

Exercicio 2024

Bonotaxi 2024. Resolución definitiva da concesión de axudas

Bonotaxi 2024. Resolución definitiva da concesión de axudas de Bono Taxi e apertura do prazo de presentación de recursos

Na información pública do taboleiro de anuncios e edictos deste Concello atópase toda a información relativa á resolución definitiva da concesión e denegación de axudas económicas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade, gravemente afectadas na súa mobilidade e a apertura do prazo de presentación de recursos ás ditas axudas.

No documento que se adxunta con esta noticia atópase a listaxe definitiva de concesións e denegacións.

Contra o contido da presente resolución do procedemento, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer polas persoas interesadas, potestativamente RECURSO de REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que adopte este acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do mesmo (arts. 123 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas) ou interpoñer directamente RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO ante o Xulgado do Contencioso administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición contencioso-administrativa), segundo o disposto na Base 16.2 das BBRR Axudas BonoTaxi 2024.

Documentos:

Listaxe de concesións e denegacións da axuda de bono taxi (4 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión