Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2024

Campamentos de día verán 2024

Para nenas e nenos nados do 1/1/2012 ao 31/12/2020. As datas de preinscrición serán os días 20, 21 e 22 de maio.

PERSOAS DESTINATARIAS

Para nenas e nenos nados do 1/1/2012 ao 31/12/2020.

Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo.

Contarán con monitores e monitoras de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.

 *Existen bolsas e reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais.

ESPAZO DE REALIZACIÓN: Colexio Calasanz PP Escolapios da Coruña. Transporte gratuíto.

CALENDARIO:

Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio en: Preinscrición en campamentos de día de verán

A preinscrición realizarase mediante un formulario de inscrición.

Aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizar a preinscrición por vía telemática, poderán chamar ao número: 682 054 561 (tres liñas de atención) en horario ininterrompido de 09.00 a 20.00 horas

Un mesmo menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata tres quendas de campamento de día.

*No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/o recibirá un correo electrónico co resumo da mesma.

**A preinscrición dos/das menores que soliciten praza de diversidade funcional acompañarase dunha ficha de coñecemento persoal para menores con diversidade funcional. Esta ficha permitirá aos monitores e monitoras coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/da menor e será adicional ao formulario de preinscrición.

***Os nenos e nenas que soliciten praza de diversidade funcional, terán unha numeración e un sorteo propio.

****Os irmáns deberán anotarse de forma correlativa. Se non é así, non se garantirá que estean xuntos.

*****No caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas ou a mesma para un mesmo menor terase en conta a realizada en último lugar.

Publicación de listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio.

As listaxes poderán consultarse nas webs: www.coruna.gal/campamentos2024 e coruna.gal/servizossociais así como no 010 ou nas portas dos centros cívicos.

Reclamacións: 31 de maio, 1 e 3 de xuño. No teléfono 682 054 561. En horario de 09.00 a 20.00 horas. O día 1, sábado, o horario será de 09.00 a 14.00 horas.

Sorteo das prazas: 5 de xuño.

Publicación de listaxes de admitidas/os: 11 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2024 e coruna.gal/servizossociais, no 010 ou nas portas dos centros cívicos.

Inscrición e aboamento: 11 a 17 de xuño.

Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.

*Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

**A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supoñer a perda da praza.

Listaxe de agarda: En caso de quedar prazas vacantes avisarase telefonicamente a partir de 18 de xuño.

QUENDAS

1ª Quenda: do 1 a 15 de xullo

2ª Quenda: do 16 a 31 de xullo

3ª Quenda: do 1 a 14 de agosto

4ª Quenda: do 16 a 30 de agosto

HORARIO Xeral: de luns a venres de 10.00 a 18.00 h. Os días festivos non haberá campamento.

Nº PRAZAS 416

COTA DE INSCRICIÓN 85,00 €

A cota do campamento inclúe o transporte e a comida diaria.

*O número de conta para realizar o pagamento é ES89 0081 0390 1300 0146 0949. Terase que subir o xustificante do pagamento á web así como aquela documentación que sexa requirida.

As persoas que realicen a inscrición por teléfono terán que enviar o xustificante de pagamento ao correo: inscripciones@axinasd.com

Se se desexa obter factura do pagamento deberá marcarse a casa correspondente ao realizar a solicitude. a factura emitirase a nome da persoa que faga a solicitude.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN: As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e entregarse antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/da menor.

Todos os documentos e formularios necesarios atópanse na web www.coruna.gal/campamentos2024

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión