Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xullo de 2017

Preséntase o programa ‘Non Pases Por Un Mal Trago’, destinado “a informar, formar e facer reflexionar” a menores que recibiron sancións por consumo de alcol

Esta é unha iniciativa promovida polo Concello da Coruña en colaboración coa asociación sen ánimo de lucro Adafad xa que a solución realmente efectiva á problemática das adicións radica na educación e no diálogo.

Non Pases Por Un Mal Trago é un programa que se desenvolve en colaboración coa entidade social sen ánimo de lucro Adafad (Asociación de Axuda a Familiares de Drogopendentes) e que ten como obxectivo educar, formar e facer reflexionar a menores que foron sancionados por consumo de alcol. O programa está dirixido a todos e todas aquelas menores ás que o Concello impuxo unha sanción por consumo de bebidas alcólicas. Este programa dá a posibilidade aos e ás rapazas sancionadas de substituír a multa pola realización dun programa formativo, impartido por Adafad, sobre os problemas derivados do consumo de alcol. O obxectivo fundamental deste programa é que os e as menores de idade teñan toda a información sobre as consecuencias nocivas do consumo e do abuso do alcol. Esta medida vai ser un gran avance na consecución do obxectivo de concienciar aos e ás menores de idade sobre o consumo de alcol. Non se trata de castigar senon de concienciar.

Cada hora que o menor adique a este programa formativo de substitución de multas equivale a 20 euros de sanción, sen que o rapaz ou rapaza poida, en ningún caso, superar as 300 horas. As actividades (charlas individuais e colectivas) desenvolveránse na propia sede de Adafaf (Rosalía de Castro, 13-1ºD). Os e as menores sancionadas por cometer infraccións reguladas na Lei 11/2010 do 17 de decembro de prevención do consumo de bebidas alcohólicas poderán solicitar participar neste programa coa autorización dos seus representantes legais a partir xa deste momento.

A participación nestes cursos poderá solicitarse no prazo de dez días a partir do día seguinte á recepción da notificación de imposición de multa. De cara a fomentar que os e as menores de idades sancionadas poidan acceder a este programa, o Concello decidiu que a comunicación de imposición de multa vaia acompañada por un formulario para solicitar a participación en Non Pases por Un Mal Trago. O mesmo tamén pode descargarse na web municipal de servizos sociais, no apartado de impresos. Posteriormente, a solicitude poderá presentarse en calquera das sedes do rexistro municipal de entrada de documentos. Unha vez presentada a solicitude, o Concello enviará unha notificación de aceptación. A partir de aí o ou a solicitante terá un prazo de dez días para acudir a Adafad.

Segundo os últimos estudos entre o estudantado galego, o alcol segue a ser a substancia psicoactiva máis estendida. O programa traballa a psicoeducación preventiva. Trátase de diminuír o consumo de alcol, pero facendo que a xuventude sexa consciente do risco e tendo ademais ferramentas para afrontar estas situacións.

Documentos:

Cartaz informativo (114 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión