Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

27 de marzo de 2025

Recuncho do xogo en Semana Santa

Dirixido a menores de 4 a 12 anos cumpridos no momento da inscrición. Prazas limitadas por orde de inscrición.

A actividade de Recuncho do xogo en Semana Santa está destinada a menores de 4 a 12 anos, cumpridos no momento da inscrición. Realizarase os días 14, 15 e 16 de abril de 2025.

Inscrición

Do luns 31 de marzo ao mércores 9 de abril no centro cívico onde se desexa solicitar a praza. Só se poderá presentar unha inscrición por menor, en caso contrario anularanse todas.

Horarios

A actividade realizarase nos seguintes centros cívicos, en horario xeral das 10.00 ás 14.00 horas, a excepción do Centro Cívico Castro de Elviña. Nos centros sinalados cun asterisco (*) existe a posibilidade de solicitar ademais horario ampliado das 9.00 ás 14.30 h.

  • Centro Cívico Artesáns
  • Centro Cívico A Silva
  • Centro Cívico Castrillón*
  • Centro Cívico Castro de Elviña (horario das 11.00 ás 13.00 h)
  • Centro Cívico Cidade Vella*
  • Centro Cívico Eirís*
  • Centro Cívico Elviña*
  • Centro Cívico Feáns
  • Centro Cívico Mesoiro*
  • Centro Cívico Monelos*
  • Centro Cívico Monte Alto*
  • Centro Cívico Novoboandanza*
  • Centro Cívico Os Mallos*
  • Centro Cívico Palavea*
  • Centro Cívico Pescadores
  • Centro Cívico Rosales*
  • Centro Cívico San Diego*
  • Centro Cívico San Pedro de Visma
  • Centro Cívico Santa Lucía
  • Centro Cívico Sagrada Familia

Prazas

As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Ofértanse prazas para menores con necesidades educativas especiais (NEE) ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo, que contarán con monitorado de apoio para tarefas pedagóxicas, pero que non acometerán funcións médicas ou hixiénico-sanitarias. No caso de querer optar a unha praza de NEE e/ou discapacidade, deberá indicarse no momento da inscrición.

Custo

Actividade gratuíta

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible