Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xullo de 2024

A alcaldesa renova o convenio nominativo co Centro Social Sagrada Familia

A entidade recibirá 75.000 euros para financiar os seus gastos de funcionamento

A alcaldesa, Inés Rey, e a presidenta do Centro Social Sagrada Familia, María Teresa Lorenzo Patiño, asinaron no Palacio Municipal de María Pita a renovación do convenio nominativo por importe de 75.000 euros destinado a financiar os gastos de funcionamento do centro.

Rey destacou "o traballo que leva desenvolvendo o centro desde hai máis de 30 anos no barrio, sempre apoiando a integración social, o deporte e a cultura". O Centro Social Sagrada Familia fundouse en 1979 por iniciativa da Entidade Construtora Benéfica Sagrada Familia, quen lle cedeu o edificio que hoxe exerce de sede de reunión e encontro para as familias do barrio.

Inés Rey celebrou a unión e implicación que existe no tecido veciñal grazas ao traballo desta entidade social. O Centro Social Sagrada Familia ofrécelle aos seus asociados actividades deportivas e culturais para todas as idades, desde ximnasia de mantemento e clases de memoria para as persoas maiores ata campamentos infantís. Conta tamén cun servizo de asesoría xurídica, un recinto polideportivo e desde 1980 é a sede da Coral Polifónica Sagrada Familia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión