Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Prazo de inscrición do 7 ao 10 de marzo nas conserxerías de cada centro
A Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade convoca o Programa Maiores en plena forma. Este programa inclúe actividades encamiñadas a facilitar o mantemento da vida activa das persoas maiores.
A inscrición para cada actividade realizarase na conserxería dos centros que desenvolverán a dita actividade e as prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.
Prazo de inscrición: 7 ao 10 de marzo
Prazo de pago: 13, 14, 15 e 16 de marzo. O pago pode realizarse de maneira telemática ou presencial a través da entidade bancaria.
Custo: 4 € as visitas culturais e 11 € as demais actividades
A información de cada unha das actividades, custo, datas, horarios e centros cívicos nos que se van realizar pódese consultar no documento adxunto ao final desta noticia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible