Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de setembro de 2024

Saídas culturais ao Grove no mes de outubro

Os centros cívicos organizan novas saídas culturais durante o mes de outubro, nesta ocasión ao Grove.

Estas saídas culturais dos centros cívicos están dirixidas a persoas de 50 anos ou máis.

Poderanse reservar 2 asentos por solicitante (a persoa acompañante pode ter menos de 50 anos).

As saídas son gratuítas.

A hora de saída será ás 9.30 h, da parada que se estableza para cada centro.

As datas son as seguintes:

5 de outubro: os centros de Monte Alto, Cidade Vella, Artesáns, Sta. Lucía, San Diego, Novo Mesoiro e Feáns.

6 de outubro: Castrillón, Eirís, Monelos, Novoboandanza, A Silva, San Pedro de Visma e Os Rosales.

12 de outubro: Elviña, Palavea, Castro de Elviña, Pescadores, Labañou, Os Mallos, Sta. Margarida e Sagrada Familia.

As solicitudes poderanse facer no centro cívico correspondente, dende o día 19 ata o 29 de setembro. No caso de que queden persoas sen praza, de producirse algunha vacante, serán chamadas ata o 30 de setembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión