Ofrécese a primeira atención á cidadanía que demanda información social -de carácter xeral ou específico- sobre recursos e prestacións de servizos sociais e/ou de protección social. Esta atención iníciase cunha consulta nas Unidades Municipais de Atención social, que será atendida polo persoal auxiliar ou polas traballadoras sociais da unidade.
Á poboación en xeral.
Estar empadroado/a e/ou residir no termo municipal da Coruña.
Acudir presencialmente á unidade máis próxima ao seu domicilio ou facer a consulta telefonicamente.
Todo o ano.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible