Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Atención domiciliaria sociosanitaria - SAD Urxente
Conxunto de atencións domiciliarias con carácter temporal (dun a tres meses) , orientado principalmente ao apoio na recuperación dunha convalecencia ou a situacións de enfermidade terminal.
A quen vai dirixido?:
Persoas que, tras sufrir unha intervención médica, requiran un período de convalecencia no que precisen apoio para a realización das actividades básicas da vida diaria e a súa contorna socio-familiar non estea en condicións de prestarllo. Este servizo está orientado a persoas que poidan recuperar a autonomía tras ese período.
Persoas que, segundo criterio médico, atópense en situación terminal e non conten co apoio socio-familiar preciso para a realización de tarefas de atención persoal de carácter básico.
Organiza:
O servizo estará prestado por algunha da entidades prestadoras de SS.SS ás que se lles adxudique contrato mediante concurso público.
Requisitos:
Estar empadroado/a e residir no Concello da Coruña.
Atoparse nunha das situacións descritas nas apartado "persoas beneficiarias".
Prazo de presentación:
O prazo está aberto todo o ano e as solicitudes poden presentarse a través dos Departamentos de Traballo Social dos Centros Hospitalarios de carácter público.
Remuneración / Dotación:
Prestación de servizos domiliariarios por unha auxiliar de axuda a domicilio.
As tarefas estableceranse no proxecto de intervención individual e adaptaranse ás diferentes casuísticas, pero sempre irán orientadas a atencións de carácter persoal para a realización de actividades básicas da vida diaria, ata a recuperación.
Este servizo terá carácter temporal dun a tres meses.
Máis información:
Na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade e nos departamentos de Traballo social dos hospitais públicos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible