Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas económicas de emerxencia social de Xunta de Galicia ( RISGA) - Pago único

Axudas económicas de pago único, destinadas a cubrir necesidades básicas e urxentes en situacións persoais ou familiares de emerxencia social.

A quen vai dirixido?:

Persoas en situación de risco de exclusión social.

Organiza:

Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia

Requisitos:

  • Ser maior de idade.
  • Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia. (Ingresos non superiores ao 125% do importe do subsidio básico máis o complemento familiar da RISGA que lle correspondería).
  • En ningún caso poderase conceder máis dunha axuda para situación de emerxencia social por unidade de convivencia ao ano.

Prazo de presentación:

Todo o ano.

Remuneración / Dotación:

Prestación socioeconómica segundo a seguinte táboa de conceptos:

Concepto Contías máximas (100%)
Uso de vivenda habitual:1.331,28 euros
Habitabilidade:5.325,10 euros
Equipamento:1.065,02 euros
Necesidades primarias:1065,02 euros
T. Vivenda (dentro localidade):1065,02 euros
T. Vivenda (fose localidade):1.331,28 euros

Máis información:

Considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinan os gastos extraordinarios dunha familia como o mantemento da vivenda habitual, a subsistencia e outros gastos non cubertos polos diferentes sistemas de protección social.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión