Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocatoria pública de subvencións a entidades para colaborar na realización de actividades e prestacións de servizos sociais
O obxecto das subvencións é a realización de actividades de promoción e reinserción social e na prestación de servizos sociais no termo municipal da Coruña.
A quen vai dirixido?:
As persoas físicas, as xurídicas válidamente constituídas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Requisitos:
Que teñan sede social ou delegación no termo municipal da Coruña.
Que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención.
Que xustificasen a subvención anteriormente outorgada polo Concello da Coruña, agás que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación.
Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias coa A.E.A.T., coa Seguridade Social e co Concello da Coruña.
Compromiso de colaborar e participar, se fose requirido para iso pola Concellaría de Servizos Sociais, nun acto público de presentación dos proxectos subvencionados.
Que non apareza adxudicada ao seu favor subvención nominativa con cargo ao orzamento de 2013 dentro da clasificación orgánica de Servizos Sociais.
As específicas que veñan recollidas na convocatoria
Prazo de presentación:
1º trimestre do ano.
Remuneración / Custo:
A dotación económica adecúase ao orzamento presentado de acordo cos criterios establecidos na convocatoria.
A duración é o ano natural da data de publicación da convocatoria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible