Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
É unha prestación periódica destinada a garantir recursos económicos de subsistencia ás persoas que carezan deles, mediante un proxecto personalizado de inserción formado por un conxunto de accións que melloren a integración persoal, familiar, social ou laboral.
A quen vai dirixido?:
Persoas pertencentes a colectivos específicos.
Organiza:
Consellería de Traballo e Benestar Social - Xunta de Galicia.
Requisitos:
Ter unha idade comprendida entre 25 e 65 anos, excepto:
Menores desta idade que reúnan o resto de requisitos e que teñan menores a cargo
Maiores de 18 anos que teñan recoñecida a condición de minusvalía e non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza
Maiores de 18 anos, que antes de alcanzar a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar.
Maiores de 18 anos, que reúnan o resto de requisitos, e estean en situación de orfandade absoluta e sen dereito a outras prestacións ou axudas de similar natureza
Estar empadroado/a ou ter residencia efectiva en calquera concello da Comunidade autónoma de Galicia polo menos durante 1 ano inmediatamente anterior á presentación da solicitude ( excepto mulleres vítimas de violencia de xénero, emigrantes galegos retornados sempre que fixen a súa residencia en Galicia, cidadáns doutros estados non membros da Unión Europea que ademais necesitarán acreditar a súa residencia legal en España no momento de presentar a solicitude de RISGA
Ter constituída unha unidade de convivencia independente vinculada economicamente á persoa solicitante
Dispor de recursos económicos inferiores á contía económica da RISGA que no seu caso lle corresponda
Que non existan persoas legalmente obrigadas a prestar alimentos e con posibilidade real de facelo.
Prazo de presentación:
Durante todo o ano.
Remuneración / Custo:
Prestación socioeconómica.
Máis información:
As persoas solicitantes poden dirixirse para a tramitación da RISGA ás unidades de atención social dos servizos sociais municipais.
Tamén poden dirixirse á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar social da xunta de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible