Concello da Coruña

Concello da Coruña

Renda social municipal

A Renda Social Municipal é unha prestación económica do Concello da Coruña destinada a paliar situacións temporais de necesidade e garantir uns recursos mínimos de subsistencia aos veciños e ás veciñas da Coruña.

 

A quen vai dirixido?:

Todas aquelas persoas en situación ou risco de exclusión social, con dificultades para cubrir as súas necesidades básicas e as das persoas membros da mesma unidade de convivencia.

Organiza:

Concello da Coruña

Requisitos:

Poderán ser beneficiarias da renda social municipal aquelas persoas que estean en situación ou risco de exclusión social no momento de presentar a solicitude e que reúnan os seguintes requisitos:

1º) Non ter dereito a percibir a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), ou prestación autonómica que a substitúa, ou a outras axudas e prestacións de carácter público e natureza similar.

2º) Estar empadroadas e ter residencia efectiva no Concello da Coruña, cunha antigüidade mínima de seis meses.

Exceptúase do requisito de antigüidade de empadroamento a:

a) Vítimas de violencia de xénero que cambien o seu domicilio por motivos de seguridade.

b) Persoas emigrantes galegas cando fixen a súa residencia no Concello da Coruña.

c) Persoas que teñan recoñecida a condición de persoa refuxiada, ou cuxa solicitude de asilo teña sido admitida a trámite ou, sen admitirse, teñan autorizada a súa permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social.

3º) Ter cumpridos 18 anos.

4º) Ter idade menor da mínima establecida para poder solicitar unha pensión non contributiva de xubilación; excepto aquelas persoas que non reúnan os requisitos para acceder a ela.

5º) Ter constituída unha unidade de convivencia independente.

6º) Presentar dificultades para a cobertura das necesidades básicas por non dispoñer de recursos ecónomicos suficientes.

7º) Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de prestarlles alimentos de acordo coa lexislación civil.

8º) Exercitar as accións pertinentes para a cobranza de calquera crédito, axuda, subvención, pensión ou renda de calquera clase que lle puidese corresponder á persoa solicitante ou a calquera membro da unidade de convivencia.

9º) Comprometerse a participar no itinerario de inclusión activa deseñado polo/a traballador/a social municipal co obxectivo de resolver a situación de vulnerabilidade que dá orixe á solicitude da renda social municipal.

2. As persoas que teñan sido perceptoras da renda social municipal e teñan esgotado o período de dezaoito meses poderán realizar unha nova solicitude sempre e cando conten cun informe social emitido por unha traballadora ou traballador social dos servizos sociais municipais, que acredite o seu compromiso co itinerario de inclusión activa que tiveran establecido así como a necesidade de continuar percibindo a renda social municipal para o logro dos seus obxectivos.

Para ver os requisitos completos e máis información consultar a seguinte ligazón

Ordenanza municipal reguladora da Renda Social Municipal

Esta axuda está dirixida  á cobertura de necesidades básicas como a alimentación diaria, o vestiario, o transporte, os coidados persoais e da vivenda e os gastos que teñen que ver co aloxamento ou alugueiro.

Trátase dun apoio aos procesos de inclusión para lograr a mellora persoal e social das persoas que o precisen e da súa unidade de convivencia.

Máis información:

Para máis información ou para a súa solicitude pódese solicitar cita previa cos equipos de atención social nesta ligazón

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión