O obxecto desta prestación é conceder axudas económicas individuais a persoas con discapacidade, que por estaren gravemente afectadas na súa mobilidade, teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamentos en taxi.
Requisitos
- Ser maior de 3 anos.
- Residir no Concello da Coruña e constar empadroada/o desde, polo menos, 6 meses anteriores á data de inicio do prazo de presentación de solicitudes. O Concello poderá esixir a acreditación documental deste extremo mediante a presentación de recibos de consumo periódico que acrediten o uso habitual da vivenda.
- Ter recoñecida legalmente a condición de discapacitado/a polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración competente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.
- No caso de que a persoa solicitante estea en activo, non recoñecer este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo.
- Non ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
- Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo. No caso das persoas menores de idade non emancipadas, esta obriga entenderase referida a quen ostente a tutela legal.
- Non dispoñer duns ingresos superiores ao 210% do IPREM vixente.
- Estar ao corrente das obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Comunidade Autónoma de Galicia e co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.
Poderá acceder á condición de persoa beneficiaria quen teña unha discapacidade, recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración correspondente e que estea gravemente afectada na súa mobilidade, impedíndolle utilizar os transportes públicos colectivos, sempre que requira deste medio para o seu desprazamento ao exterior.
Ayuntamiento
Normalmente a finais de ano ou principios do seguinte.
As solicitudes e documentación correspondente presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou por calquera dos medios establecidos na vixente Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación
2. Fotocopia do DNI de quen solicita e dos demais membros da unidade familiar.
Xunto coa solicitude poderase achegar a autorización asinada a favor do Concello da Coruña para realizar as seguintes comprobacións:
En caso de non autorizar as comprobacións oportunas, a persoa interesada deberá presentar os documentos correspondentes que xustifiquen as situacións non autorizadas, ou adherirse ao establecido na base 9.2.
Sobre o procedemento administrativo correspondente a esta convocatoria, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gob.es e na Concellaría de Benestar social, Igualdade e Participación, na rúa Fernández Latorre, núm. 64-66, entreplanta, CP 15006, A Coruña de forma presencial ou telefonicamente no teléfono 981 184 200.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible