Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Solicitude de comida a domicilio

En que consiste?:

Solicitude para recibir menús equilibrados no domicilio para o seu consumo diario.

A quen vai dirixido?:

Poderán ser usuarias deste servizo todas as persoas que teñan dificultades derivadas dunha limitación física ou psíquica para elaborar unha comida diaria basándose nunha dieta equilibrada e adecuada ao seu estado de saúde.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Que se necesita?:

    • NIF de todos os membros da unidade familiar ou convivencial.
    • Informe médico. Deberá recoller información sobre a dieta que hai que seguir, alerxias alimenticias, incompatibilidades, etc.
    • Certificado de ingresos ou pensións correspondentes ao ano no que se formule a solicitude.
    • Fotocopia da última declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas dos membros da unidade convivencial presentadas.

    Como se fai?:

    Presentar solicitude e documentación na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade.

Máis información:

É imprescindible unha valoración técnica para a súa concesión.

Documentos relacionados

  • Solicitude de servizos maiores, dependencia e discapacidade (269 KB)

Solicitude presencial

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible