Solicitude para ser beneficiario do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) do Sistema de Atención á Dependencia e Promoción da Autonomía Persoal.
A solicitude de inicio da prestación de servizos do Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) Dependencia debe ir ligada á solicitude previa de recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia en Galicia, onde se debe especificar o recurso desexado.
Persoas recoñecidas como dependentes que presenten dificultades para a realización de determinadas tarefas de carácter persoal ou doméstico e que teñan recoñecido o dereito a este servizo polo Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
Xunta
Durante todo o ano.
Ter recoñecido o Grao de Dependencia polo Sistema de Atención á Dependencia e unha resolución de concesión desta prestación.
Unha valoración técnica previa á alta/inicio do servizo que será realizada polo persoal técnico da OMADAP.
(Ver prestación denominada "Xestión de recursos e prestacións sociais en materia de dependencia").
É imprescindible unha valoración técnica para a súa tramitación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible