Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de PADSS (Programa de Atención Domiciliaria Sociosanitaria)

En que consiste?:

Esta solicitude deberá facerse nos Departamentos de Traballo Social dos hospitais públicos.

A quen vai dirixido?:

Persoas empadroadas na Coruña e con residencia efectiva que, tras sufrir unha intervención médica, requiran un período de convalecencia no que precisen apoio para a realización das actividades básicas da vida diaria e o seu contorno sociofamiliar non estea en condicións de prestárllelo. Este servizo está orientado a persoas que poidan recuperar a autonomía tras ese período.

Persoas empadroadas na Coruña e con residencia efectiva que segundo criterio médico se encontren en situación terminal e non conten co apoio sociofamiliar preciso para a realización de tarefas de atención persoal de carácter básico.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Fotocopia do DNI/NIF, pasaporte ou NIE en caso de persoas estranxeiras, do solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
  • Informe médico sobre o estado de saúde, tratamento médico prescrito, existencia de alerxias alimentarias, dieta, etc. expedido polo facultativo da sanidade pública. 
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
  • En caso de afiliación diferente á Seguridade Social, xustificante da Mutualidade correspondente que acredite a delegación do servizo solicitado.
  • Fotocopia do libro de familia no caso de que o Servizo de Axuda a Domicilio se preste a menores de idade.
  • Certificado de patrimonio emitido pola Consellería de Facenda da persoa solicitante e de todos os membros computables da unidade de convivencia.
  • Certificado de recoñecemento de grao e nivel de dependencia e/ou certificado de minusvalía da persoa solicitante.
  • Documentación acreditativa de ingresos:
    • Certificado de pensións, prestacións, nóminas da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica. 
    • Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo dela expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computable. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para realizar as comprobacións oportunas. 
    • En caso de contar con ingresos non acreditables, declaración responsable de ingresos acompañada de certificado negativo expedido pola Axencia Tributaria. 
  • Folla da domiciliación bancaria (para o pago solidario)
  • Copia compulsada do DNI do representante legal ou guardador de feito, se é o caso.

Como se fai?:

Solicítase nos departamentos de Traballo Social dos centros hospitalarios de carácter público, mediante entrevista persoal co/a traballador/a social.

Internet

Teléfono

Máis información:

É imprescindible unha valoración técnica para a súa concesión.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión