Consiste nunha prestación económica de 100 € ao mes por cada fillo menor de 3 anos, que se comeza a percibir despois de que a nai o solicitase e a Axencia Tributaria comprobase os datos.
Nais que traballan fóra da casa con fillos menores de 3 anos de idade.
Otros
Durante todo o ano.
O modelo de solicitude 140 da Axencia Tributaria.
Preséntase o impreso na propia Axencia Tributaria ou no Rexistro Civil no momento da inscrición do nacemento do fillo.
Poderase baixar a solicitude da web da Axencia Tributaria e para iso é necesario o certificado dixital ou o DNI electrónico.
Hai que presentar a seguinte información:
- Número do DNI
- O importe consignado no cadro 698 da declaración do IRPF
- A data de nacemento ou de adopción do fillo/a
- O número de afiliación á Seguridade Social ou mutualidade
- O número de conta corrente
Chamando aos seguintes números de teléfono: 901 335 533 ou 901 200 345.
Poderase elixir entre solicitar esta paga anticipada de 100 € mensuais ou deducila ao final do ano na declaración de IRPF un importe de ata 1.200 € por cada menor, en función das cantidades e meses cotizados á Seguridade Social ou a mutualidades durante ese exercicio.
Esta medida súmase á redución ordinaria de 1.200 € no IRPF para o coidado de fillos e da que poderán beneficirse todas as nais con fillos menores de 3 anos traballen ou non fóra da casa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible