Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de servizos de maiores, dependencia e discapacidade

En que consiste?:

Solicitude única para as diferentes prestacións da Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade.

A quen vai dirixido?:

  • Persoas maiores con dificultades graves na súa autonomía persoal e que presentan limitacións para a realización de determinadas tarefas de carácter persoal ou doméstico.
  • Persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, que afecte significativamente á súa autonomía persoal, que viven sós ou non poden ser atendidos polas súas familias.
  • Familias con dificultade de atención a menores debido a carencia de hábitos para un bo funcionamento da vida cotiá, carencia de apoios da familia extensa, ou problemas no desenvolvemento da dinámica familiar, dando prioridade a familias con menores de 12 anos.

Requisitos

  • Estar empadroado/a e residir no Concello da Coruña.
  • Ter limitacións de autonomía que dificulten a realización de actividades básicas da vida diaria. (Excepto para o SAD familiar).
  • Ter solicitado, ou facelo xunto coa solicitude do Servizo de Axuda a Domicilio Municipal, o recoñecemento do Grao de Dependencia. (Excepto para o SAD familiar).

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Todo o ano

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Fotocopia do DNI/NIF, pasaporte ou NIE, se é o caso, da persoa solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
  • Copia da sentenza de incapacitación xudicial da persoa soliciatnte, se é o caso.
  • Informe médico sobre o estado de saúde, tratamento médico prescrito, existencia de alerxias alimentarias, dieta etc. expedido polo facultativo da sanidade pública.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a solicitante.
  • En caso de afiliación diferente á Seguridade Social, xustificante da mutualidade correspondente que acredite a delegación do servizo solicitado.
  • Fotocopia do libro de familia no caso de que o Servizo de Axuda a Domicilio se preste a menores de idade.
  • Certificado de patrimonio emitido pola Consellería de Facenda do/a solicitante e de todos os membros computables da unidade de convivencia.
  • Certificado de recoñecemento de grao e nivel de dependencia e/ou certificado de minusvalía do/a solicitante.
  • Documentación acreditativa de ingresos:
    • Certificado de pensións, prestacións, nóminas do/a solicitante e membros da unidade de convivencia computables para os efectos de capacidade económica.
    • Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo dela expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computable. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para realizar as comprobacións oportunas.
    • En caso de contar con ingresos non acreditables, declaración responsable de ingresos acompañada de certificado negativo expedido pola Axencia Tributaria.
  • Folla da domiciliación bancaria (para o pago solidario)
  • Copia compulsada do DNI da persoa representante legal ou gardador de feito, se é o caso.

Internet

Teléfono

Máis información:

É imprescindible unha valoración técnica para a súa concesión.

Documentos relacionados

  • Solicitude de servizos maiores, dependencia e discapacidade (269 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión