Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de subvencións a entidades para a realización de proxectos de cooperación internacional de interese social ou humanitario

En que consiste?:

O obxecto das subvencións é a realización de actividades de cooperación internacional para a realización de actividades de cooperación ou que persigan un interese social ou humanitario no exterior.

A quen vai dirixido?:

As persoas físicas, as xurídicas validamente constituídas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.

Requisitos:

  • Que teñan sede social ou delegación no termo municipal da Coruña.
  • Que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención.
  • Que xustificasen a subvención anteriormente outorgada polo Concello da Coruña, excepto que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación.
  • Que estean ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa A.E.A.T., coa Seguridade Social e co Concello da Coruña.
  • Compromiso de colaborar e participar, se fose requirido para iso pola Concellería de Servizos Sociais, nun acto público de presentación dos proxectos subvencionados.
  • Que non apareza adxudicada ao seu favor subvención nominativa que teña por obxecto unha actividade no exterior, con cargo ao orzamento do 2013, dentro da clasificación orgánica de Servizos Sociais.
  • As específicas que veñan recollidas na convocatoria.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral de Entrada do Concello no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Memoria explicativa da actividade.
  • Orzamento de ingresos e gastos da actividade.
  • Certificado do secretario da entidade co visto e prace do seu presidente, no que se indiquen as subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
  • Estatutos polos que se rexe a entidade, fotocopia compulsada do Código de Identificación Fiscal (CIF), en caso de persoas xurídicas, ou do Número de Identificación Fiscal (NIF) en caso de persoas físicas, certificación dos datos bancarios da entidade solicitante e fotocopia compulsada do DNI ou NIF do representante.
  • Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social.
  • Certificados acreditativos de estar o interesado ao corrente no pago das súas obrigas tributarias co Estado e co Concello da Coruña, e ao corrente nas súas obrigas fronte á Seguridade Social.
  • Declaración de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición para a obtención da condición de beneficiario que fixa o artigo 13 da LGS 38/2003, así como do compromiso de participación nun acto de presentación dos proxectos subvencionados no caso de que fose requirido para iso pola concellería.
  • No caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, o solicitante poderá acollerse ao establecido no parágrafo f) do art. 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos dende a finalización do procedemento ao que correspondan.
  • Certificación do secretario co visto e prace do presidente acreditativa do nomeamento do representante da entidade.
  • Documento relativo ao representante legal da entidade.
  • Documento acreditativo do compromiso da entidade de presentar a xustificación das subvencións concedidas no prazo dun mes dende a data de finalización das actividades.

Como se fai?:

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral de Entrada do Concello no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Tamén se poderán presentar por calquera dos medios regulados no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Impresos necesarios:

  • Solicitude.
  • Memoria explicativa da actividade (anexo 1).
  • Orzamento de ingresos e gastos da actividade (anexo 2).
  • Certificado do secretario da entidade co visto e prace do seu presidente, no que se indiquen as subvencións solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional (anexo 3).
  • Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social (anexo 4).
  • Declaración de non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición para a obtención da condición de beneficiario que fixa o artigo 13 da LGS 38/2003, así como do compromiso de participación nun acto de presentación dos proxectos subvencionados no caso de que fose requirido para iso pola concellería (anexo 5).
  • No caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, o solicitante poderá acollerse ao establecido no parágrafo f) do art. 35 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos dende a finalización do procedemento ao que correspondan (anexo 6).
  • Certificación do secretario co visto e prace do presidente acreditativa do nomeamento do representante da entidade.
  • Documento relativo ao representante legal da entidade (anexo 7).
  • Documento acreditativo do compromiso da entidade de presentar a xustificación das subvencións concedidas no prazo dun mes dende a data de finalización das actividades (anexo 8).

Internet

Teléfono

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión