Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de teleasistencia

En que consiste?:

Solicitude para acceder a un dispositivo con conexión telefónica ininterrompida a unha central de atención, para utilizar ante situacións de emerxencia no domicilio.

A quen vai dirixido?:

Persoas cuxas limitacións físicas e/ou psíquicas lles impidan ou dificulten pedir axuda ou avisar a familiares e servizos médicos en caso de urxencia e que requiran a utilización de dispositivos de alarma e control.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar que convivan con ela.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Xustificante de residencia e convivencia (Solicítase a nivel interno, non ten que presentalo a persoa solicitante).
  • Documentación acreditativa de ingresos (nómina, certificado de pensións, prestacións, etc.) de todos os membros da unidade familiar que conviven coa persoa solicitante.
  • Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo dela, de todos os membros da unidade familiar que conviven coa persoa solicitante.
  • Informe médico.
  • Declaración xurada de non ter dereito a teleasistencia por outra entidade ou organismo.

Como se fai?:

Presentar solicitude e documentación na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade.

Internet

Que se necesita?:

Só presencial.

Teléfono

Máis información:

É imprescindible unha valoración técnica para a súa concesión.

Documentos relacionados

  • Solicitude de servizos maiores, dependencia e discapacidade (269 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión