Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Prestación económica mediante a cal as persoas beneficiarias obteñen un talonario mensual de entre 10 e 25 talóns, os cales terán un valor que dependerá da capacidade económica de cada beneficiaria ou beneficiario. A cantidade restante aboarase en metálico por cada persoa beneficiaria ata completar o prezo do menú.
Organismo responsable:
Ayuntamiento
Prazo de presentación:
Durante todo o ano.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
Solicitude debidamente cumprimentada
Fotocopia do DNI, pasaporte ou NIE en caso de persoas estranxeiras, da persoa solicitante e de todos os membros da unidade de convivencia computables a efectos de capacidade económica.
Documentación acreditativa de ingresos:
Certificado de pensións (expedido polo INSS ou pola entidade da que proceda), prestacións, nómina da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables a efectos de capacidade económica.
Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo da mesma expedido pola Axencia Tributaria do último exercicio económico, da persoa solicitante e membros da unidade de convivencia computables a efectos do cálculo de capacidade económica. Poderase substituír pola autorización asinada que consta na solicitude, a favor do Concello da Coruña para realizar as comprobacións oportunas.
En caso de contar con ingresos non acreditables, declaración responsable de ingresos (pensións do estranxeiro etc)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible