Concello da Coruña

Concello da Coruña

Explicación da convocatoria

A transformación do porto interior da Coruña será probablemente a oportunidade máis relevante á que se enfrontará a cidade nas próximas décadas. A oportunidade para repensarse e abrir novos horizontes para ter uns terreos portuarios 100% públicos, con clara vocación de solo produtivo, con especial atención ao sector pesqueiro, un espazo de referencia como motor económico que explore alternativas que sexan reversibles, respectuosas coa contorna e en sintonía coas demandas do tecido social. Un porto que supoña un enclave urbano significativo, como un espazo para reequilibrar os déficits da cidade e dos barrios en particular. Un porto que funcione como conector ambiental e articulador da mobilidade que dispoña dun modelo de gobernanza propio que integre participación, decisión colectiva e concertación cos axentes e que na súa construción chegue ao tecido social, un porto que sirva tamén para reafirmar aquilo que fai da Coruña unha cidade vivible, accesible e sustentable para todas as persoas.

Para iso o Concello da Coruña abre á cidadanía a posibilidade de debater, pensar e propoñer respostas integrais para os terreos portuarios da Coruña a través desta convocatoria pensada principalmente para equipos multidisciplinares pero na que é posible a participación de todas as persoas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión