Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falando do litoral

Peiraos da Coruña

Son as persoas que o traballan, o viven e o estudan as que máis saben do litoral coruñés.

A investigación conta cunha parte importante de traballo de campo co que que recoller a voz dos axentes implicados coa transformación portuaria ou afectados por ela, e metodoloxías participativas coas que compartir a información e debatela coa cidadanía en xeral.

Os espazos habilitados para falar sobre os peiraos e o litoral son:

  • Entrevistas cualitativas a axentes clave da cidade e de fóra dela, arredor dos catro eixes de estudo:
 Memoria e identidade
     Territorio e mobilidade
       Sustentabilidade
         Usos produtivos e economía azul
  • Tres grupos de discusión con persoas expertas para enriquecer a información obtida no traballo de campo e a análise da documentación.
  •  O Foro Tecendo Litoral, onde ademais de compartir as conclusións desta primeira fase do traballo dun xeito claro e accesible para toda a cidadanía, abriranse espazos de traballo dinamizados con metodoloxías participativas para que a veciñanza poida achegar a súa mirada e implicarse co futuro dos peiraos. (+ info en: link parte Foro)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión