Concello da Coruña

Concello da Coruña

Novembro 2017- marzo 2018

Tecendo litoral

TECENDO LITORAL é unha investigación participada que ten como obxectivo comprender a realidade do bordo litoral da Coruña, achegar propostas de usos para os terreos portuarios que se abrirán á cidadanía e implicar a veciñanza nun momento clave para o futuro da cidade.

A fase da investigación, situada entre novembro de 2017 e marzo de 2018, comprende as seguintes tarefas:

  • Analizar a documentación legal e urbanística existente en relación coa cidade e en especial co porto interior da Coruña.
  • Recoñecer a realidade dos terreos portuarios e a súa relación coa cidade, tanto na súa transformación histórica coma na actualidade.
  • Traballar con axentes implicados tanto directamente no porto coma noutros ámbitos que se precisan coñecer para deseñar unha estratexia de cidade en relación ao bordo litoral.
  • Entender como outras cidades do mundo emprenderon a súa transformación portuaria e analizar solucións que poidan ser inspiradoras para o caso coruñés.

O resultado destes traballos será compartido coa cidadanía e debatido no Foro Tecendo Litoral, e toda a documentación xerada poderá consultarse nesta web ao remate do proceso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión